Formar parte de MENAIS significa apoiar o proxecto e participar activamente na vida asociativa. A túa achega como persoa socia:
- Sostén as actividades educativas e ambientais.
- Dáche prioridade para participar nas actividades.
- Permíteche votar en asembleas.
Clases de persoas asociadas
Na Asociación poderán existir as seguintes categorías de persoas asociadas:
- Fundadoras/es: aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional da Asociación.
- De número: aquelas persoas que ingresen con posterioridade á subscrición da acta fundacional e abonen a cota establecida. Terán dereito de voz e voto nas asembleas, así como a elixir e ser elixidas para cargos directivos, sempre que cumpran os requisitos establecidos nestes estatutos.
- Colaboradoras/es: aquelas persoas que, mediante o abono da cota correspondente, desexen apoiar económicamente e participar nas actividades da Asociación, mais renuncien expresamente ao dereito de voto e de elixir ou ser elixidas para cargos directivos. Terán dereito a ser informadas, a participar nas actividades asociativas e a intervir nas asembleas con voz pero sen voto.
- De honra: aquelas persoas que, polos seus méritos persoais ou profesionais, ou pola súa contribución relevante ao desenvolvemento da Asociación, sexan nomeadas pola Asemblea Xeral. Terán voz pero non voto.
- Familiares: recoñécese como tales ás persoas adultas pertencentes á mesma unidade familiar dunha persoa socia de número participante activa, sempre que así o soliciten. Estas persoas terán unha ficha simplificada e dereito a participar nas actividades comunitarias sen obriga de cota adicional, mais non adquirirán dereito a voto salvo que se dean de alta individualmente como socias de número.
Dereitos de voto
- O dereito a voto na Asemblea Xeral corresponde unicamente ás persoas socias de número.
- Para exercer o dereito de voto será requisito acreditar, como mínimo, o pagamento das cuotas.
- As persoas socias colaboradoras, familiares e de honra poderán asistir ás asembleas con voz, pero sen voto.
Dereitos das persoas asociadas
Son dereitos das persoas asociadas:
a) Participar nas actividades e actos organizados pola Asociación, de acordo coa súa categoría.
b) Recibir información sobre a actividade da Asociación e acceso á documentación social, segundo os estatutos.
c) Usufruír das vantaxes e beneficios que a Asociación poida obter para as persoas asociadas.
d) Intervir nas asembleas con voz, e exercer o dereito a voto cando corresponda conforme á súa categoría e ao establecido no artigo anterior.
e) Ser electores e elixibles para cargos da Xunta Directiva, no caso das persoas socias de número con dereito a voto.
Obrigas das persoas asociadas
Son obrigas das persoas asociadas:
a) Cumprir os estatutos e os acordos válidos das asembleas e da Xunta Directiva.
b) Contribuír coas cotas, achegas ou doazóns establecidas para cada categoría de socios/as.
c) Participar na vida asociativa e colaborar no cumprimento dos fins da Asociación.
d) Manter unha conduta acorde cos valores e principios da Asociación.