Sobre nós

Que é MENAIS?

Fins

MENAIS é unha asociación sen ánimo de lucro, rexistrada en Galicia no 2018, e que nace para promover o desenvolvemento integral da infancia e o benestar das familias a través da natureza, a educación respectuosa e a vida comunitaria. Atópase ao amparo do disposto no artigo 22 da Constitución Española, na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e demais lexislación aplicable.Son fins principais da asociación:

  1. Mellorar a calidade de vida das persoas mediante a súa interacción coa natureza e os animais/ mediante campamentos, cursos, seminarios, talleres, e outras actividades formativas e lúdicas que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas mediante a súa interacción da natureza e cos animais e que, desta forma, mellorar as súas relacións interpersoais coa sociedade e a contorna que lles rodea, así como a súa saúde física e mental.
  2. Realizar un proxecto educativo alternativo baseado na pedagoxía de aprendizaxe na natureza para a etapa 2-6 anos.
  3. Difundir os beneficios de Educación na Natureza e as Intervencións Asistidas con Animais.

Actividades asociativas

Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades, as cales están abertas a toda a comunidade e prioritariamente ás persoas socias:

  1. Proxecto de educación na natureza para a etapa 2-6 anos.
  2. Comunicación dos beneficios, de maneira profesional, que achegan a natureza e os animais a contornas terapéuticos e educativos, para contribuír a que as persoas/usuarios que acuden ás sesións e/ou actividades, evolucionen de forma favorable e positiva.
  3. Realización de actividades na natureza e/ou Asistidas con Animais de carácter educativo e lúdico, tendo como fin satisfacer a oferta educativa, terapéutica e de lecer de diferentes colectivos.
  4. Diseño, organización, difusión, homologación e impartición de actividades formativas a diferentes niveis, públicos, privados ou promovidos pola propia Asociación ou en colaboración con outras entidades que que poidan resultar de interese de acordo cos fins da mesma.
  5. Edición de material divulgativo e publicacións.
  6. Actividades sociais: reunións, celebracións, asistencia a feiras, concienciación cidadá, apoio escolar... concursos, actos, exposicións, publicacións, congresos…
  7. Potenciación do voluntariado, promovendo actividades entre todo tipo de persoas interesadas altruistamente no relacionado cos fins da Asociación.
  8. Colaboración, patrocinio e apoio a entidades, asociacións e particulares que as soliciten e que estén relacionadas cos fins de nosa Asociación.
  9. Traballos en rede e aplicación de novas tecnoloxías para dar a coñecer a asociación e desta maneira achegarnos á población.
  10. Colaboración cos estamentos públicos, na creación dun tecido social mellor preparado, más crítico e sensibilizado, respecto da educación na natureza, o acompañamento respectuoso á infancia e as Intervencións Asistidas con Animais.
  11. Potenciación sobre a tenencia responsable de animais de compañía e a posible integración dos mesmos en proxectos de terapia ou educación, para todos os colectivos humáns.
  12. Organización de coloquios ou sesións destinadas ao perfeccionamento profesional dos seus membros.
  13. Actividades económicas: captación e cotas de socios, solicitude de subvencións, firma de convenios de colaboración, presentación de proxectos e calquera outra actuación autorizada, destinada a xerar ingresos para o desenvolvemento dos fins da entidade.

**As actividades forman parte da nosa actividade asociativa e dos fins estatutarios recollidos na Lei de asociacións.**