Intervencións Asistidas con Animais

As Intervencións Asistidas con Animais son intervencións nas que un animal é incorporado como parte do tratamento, ou do desenvolvemento cognitivo, co obxectivo directo de promover a melloría nas funcións físicas, sociais, emocionais e cognitivas. Sempre deben estar dirixidas por profesionais da saúde ou da educación. Podemos levar a cabo:

Terapia: orientadas por un equipo multidisciplinar, o animal é o coterapeuta capaz de integrar, rehabilitar e reeducar, co fin último de que o/a usuarix tratadx alcance unha mellor calidade de vida.

Educación: a sesión é levada a cabo por un profesional da educación. leva acabo apoio, reforzo e ampliación escolar dependendo dos obxectivos para traballar por parte do/a usuarix.

​Actividades: teñen un fin lúdico.

Dentro dos colectivos que se poden beneficiar das intervencións asistidas con animais podemos destacar: TEA, Síndrome de Down, Rett, demencias, trastornos xeneralizados do desenvolvemento, trastorno psicomotor, discapacidade física ou intelectual, problemas emocionais e/o psicolóxicos (depresión, timidez patolóxica...)

Contacto

Escoitámoste

Se enviará un email al negocio