Menais é unha asociación sen ánimo de lucro, que nace como o soño de xuntar infancia, educación e natureza. Este soño materialízase como proxecto a través de actividades educativas e ambientais na natura. As actividades e propostas de Menais van dirixidas por tanto a toda a comunidade (á que queremos facer partícipe) e ademais ten como característica fundamental a inclusión e a vinculación co medio natural, porque só podes vincular aquilo que coñeces. Ofrecemos polo tanto propostas integradoras na natureza, para toda aquela persoa que queira ser partícipe.
Coma proxecto pretendemos ofrecer un servicio á comunidade mediante a realización das diferentes actividades que ofrecemos.
Podes poñerte en contacto con nós no 655 74 82 47 para saber máis.
En Menais encántanos poder coñecer as túas inquedanzas, por iso, creamos un formulario de contacto fácil e amigable para que poidas facernos chegar calquera cuestión, inquedanza o suxerencia sobre as nosas actividades e servizos educativos.