En Menais cada persona pódese desenvolver de xeito natural, con calma, con respeto... nun clima de confianza e agarimo que acompaña; nunha entorna natural que equilibra, e con seres vivos que invitan e son mestres.
A natureza ofrécenos un espazo onde ser e sentir tódalas emocións a diario e regula todo de xeito natural; preséntanos retos diarios que nos ensinan a pensar e a cuestionar; crea ambientes que favorecen a autonomía; favorece a aplicación do coñecemento no seu día a día; e facilita a adquisición continua de novos aprendizaxes e habilidades porque non é estática.
Acompañar dende esta perspectiva logra que as ideas das crianzas e das persoas sobre o mundo, se desenvolvan dun xeito adecuado e respectuoso a tódolos niveis.
“A aprendizaxe só é derradeira se nace na experiencia.“ -Gerald Hüther.
En Menais encántanos poder coñecer as túas inquedanzas, por iso, creamos un formulario de contacto fácil e amigable para que poidas facernos chegar calquera cuestión, inquedanza o suxerencia sobre as nosas actividades e servizos educativos.